mércores, 13 de decembro de 2017

luns, 6 de novembro de 2017

CANTO DEBERÍA CHOVER EN NOVEMBRO E DECEMBRO PARA ACADAR A PRECIPITACIÓN ANUAL "NORMAL"?

Cal é a media de precipitación anual en San Sadurniño? Cánto debería chover de aquí a fin de ano para achegarnos á media?


A media dos anos 2013 - 2016 é de 1206 l/m^2. Este ano 2017 levábamos acumulados 631 l/m^2 ata o mes de outubro.

¡DEBE CHOVER 575 l/m^2 NOS PRÓXIMOS DOUS MESES!

¡Uns 10 l/m^2 AO DÍA!

Artículo elaborado para o proxecto científico do concurso First Lego League por Carmen Míguez, Aroa Naveiras e Paula Rebollar.

mércores, 1 de novembro de 2017

luns, 30 de outubro de 2017

BALTASAR MERINO E A METEOROLOXÍA


A Real Academia Galega de Ciencias homenaxeou este ano a Baltasar Merino no Día da Ciencia en Galicia. Aínda que o Padre Merino é moi coñecido polos seus traballos botánicos, quizais o sexa menos coma meteorólogo. Porén, Merino foi un meteorólogo innovador tal e coma podemos ler na web da RACG:

O seu interese pola meteoroloxía non só o levou a relacionala de xeito pioneiro coa botánica, senón que achegou visións innovadoras para a época merecedoras do recoñecemento dos expertos. A el débenselle os primeiros traballos de climatoloxía aplicada que se realizaron en Galicia, tomando como referencia datos obtidos na Guarda entre 1881 e 1890, con avanzadas gráficas de evolución de temperatura, humidade e precipitación.
Ademais de ser un dos promotores da creación da rede de estacións pluviométricas de España, a súa recomendación de usar o barómetro para predicir as borrascas atlánticas valeulle as loubanzas do director do Observatorio Meterolóxico de Lisboa. Esta recomendación foi publicada pola prensa española e portuguesa a raíz da traxedia que provocou un temporal costeiro en Póvoa de Varzim en 1892, co falecemento de máis de cen persoas, e que Merino propoñía evitar de cara ao futuro xeralizando o uso do barómetro, principalmente entre os pescadores. “En vista, pois, das indiscutibles vantaxes que pode proporcionar e do seu insignificante coste, de agardar é que os que se confían casi diariamente á mercede das ondas e dos ventos se fagan con tan precioso aparato", escribiu.

 "O maior coñecedor da flora galega e innovador meteorólogo Baltasar Merino, protagonista do Día da Ciencia en Galicia"


domingo, 15 de outubro de 2017

ANOMALÍAS METEOROLÓXICAS


Empezamos o curso 2017-18 como rematamos o 2016-17: sen apenas chuvias.
A situación está a prolongarse máis do debido e a reservas de auga están entrando en medidas moi perigosas.
O que estamos a vivir nestes primeiros días de Outubro vai camiño de record porque as temperaturas acadadas son impropias da época do ano na que estamos.
Hoxe domingo 15 de Outubro, por mor dos ventos de compoñente sur que nos chegan polo impulso dos restos do huracán "Ophelia" situado sobre as Azores, estamos superando os 30ºC en toda a comunidade, respirando un aire propio do Sáhara.
A calima que se está a formar nas zonas de costa déixanos estampas como a que vedes na fotografía, na que se pode apreciar a simple vista, sen nengún tipo de filtro, o disco solar. Un xa non sabe se nos ilumina o sol ou a lúa...aínda que pola calorciña que sentimos, máis ben parace o primeiro ;-)
De todos os xeitos de hoxe para mañá imos vivir unha situación anómala debido ao paso do huracán cunha zona de aire frío que vai provocar una caída de presión tremenda en menos de 24 h, o que coñecemos xa familiarmente como cicloxénese explosiva. Afortunadamente os modelos numéricos sitúana lonxe da península e só imos sufrir algúns efectos colateriais, como unha caída de 10ºC nas temperaturas máximas, ventos relativamente fortes que poden chegar a refachos de 50km, diminuíndo segundo vaia pasando o luns...
O dito, seguimos a vivir fenómenos curiosos. A ver de entramos nas rutinas anuais, e chegan as chuvias de outono, tan esperadas por todos.

venres, 30 de xuño de 2017

METEOSANSACANCIONEIRO

O alumnado de 3º de ESO elaborou este curso cantigas de amigo sobre meteoroloxía. Premede aquí se queredes coñecer o noso Meteosansacancioneiro


mércores, 28 de xuño de 2017

VIDEOCIENCIANDO: A ESTACIÓN AUTOMÁTICA DO CENTRO FUNCIONA CUNHA RASPBERRY PI

O alumno de 1ºESO Joam Cortizas explica no seguinte vídeo a obtención de datos meteorolóxicos nas nosas estacións meteorolóxicas manual e automática: