martes, 29 de abril de 2014

SAIMOS NA PRENSA

Aquí tedes unha mostra máis da repercusión da nosa celebración do día da ciencia no xoves pasado. Ao día seguinte, La Voz de Galicia, facíase eco do evento dentro da información referente á Feira da Plantación, na cal fixemos un segundo pase.
Aquí temos na foto a dúas alumnas explicando unha pila feita con limóns, pero lembrade que entre os distintos postos tivemos ocasión de amosar o traballo feito polos alumnos dentro de meteoescolas.


domingo, 27 de abril de 2014

DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO

O pasado xoves 24 e hoxe domingo 27 fixemos no colexio sesión dobre para expoñer proxectos científicos que estamos levando a cabo no colexio e outras experiencias relacionadas coa ciencia, a do xoves para a comunidade educativa e a de hoxe para o público en xeral. Entre elas temos o proxecto meteosansa no que estamos a traballar e no cal recollemos e representamos os datos meteorolóxicos que nos proporcionan as nosas estacións, tanto a manual como a automática.
Os alumnos de 1ºESO fixeron unha magnífica exposición do asunto. Aquí vos deixo unha mostra gráfica dun anaco da presentación de hoxe diante da xente que se achegou ao colexio aproveitando a Feira da Plantación en San Sadurniño.
Parabéns a todos os participantes nestas sesións porque ao final o esforzo pagou a pena.