xoves, 18 de xuño de 2015

CHEGOU XUÑO


O mes de xuño xá está aquí, despois do maio longo. O nome deste mes provén do latín  Iunius, mes da deusa Xuño. O tamén chamado "mes de San Xoán" é un dos meses preferidos do refraneiro. Vexamos algúns exemplos:
  • A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan.
  • A sardiña en San Xoán xa molla o pan.
  • A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso.
  • As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan.
  • As trampas de san Xoán, por onde veñen van.
  • As trampas de san Xoán saen pola man.
  • Ata o san Pedro, o viño ten medo.
  • Ata san Xoán non te quíte-lo gabán.
  • Auga entre maio e xuño, vale máis cós bois e o xugo
  • En san Xoán, as nove co día dan.
  • En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña.
  • En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can.En san Xoán, o raposiño come pola súa man.
  • En san Xoán, o tempo aínda pon cara de can.Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.


Xuño é o mes no que chega o verán e as fogueiras de San Xoán, tamén chamadas cacharelas, lumieiras, lumaradas, lume novo, etc. Esta é unha festa moi ligada ao ciclo solar, xa que é o momento do trunfo do sol, da luz sobre a escuridade (o inverno), é dicir, celebra a chegada do solsticio de verán. A este respecto o antropólogo escocés James Frazer escribiu no seu famoso The Golden Bough, traducido ao castelán como La rama dorada, e publicado en 1890 por primeira vez, o seguinte:
En toda Europa, desde tiempo inmemorial, los campesinos han acostumbrado a encender hogueras en ciertos días del año y bailar a su alrededor o saltar sobre ellas. (...)
De feito o noso cancioneiro popular recolle estes saltos:
Salto por enriba
do lume de San Xoán
para que non me trabe
nin cobra nin can.
Mais deixemos que Frazer nos siga ilustrando sobre esta data:

La época del año en que estas fiestas de fuego se han celebrado más generalmente en Europa es el solsticio de verano, en la víspera o el día del solsticio. (...)
El solsticio estival, o el día del solsticio, es el gran momento del curso solar en el que, tras de ir subiendo día tras día por el cielo, el luminar se para y desde entonces retrocede sobre sus pasos en el camino celeste. Este momento no pudo menos de ser considerado con ansiedad por el hombre primitivo tan pronto como comenzó a observar y ponderar las carreras de las grandes luminarias por la bóveda celeste; teniendo todavía que aprender a darse cuenta de su impotencia ante los inmensos cambios cíclicos de la natualeza, pudo soñar en ayudar al sol en su aparente decaimiento; que podría sostenerle en sus desfallecientes pasos y reencender la llama moribunda de la rojiza lámpara en us manos débiles. Algo así debieron ser los pensamientos que quizá dieron origen a estos festivales solsticiales de nuestros campesinos europeos. Cualquiera que haya sido su origen, han prevalecido sobre esta cuarta parte del mundo, desde Irlanda al occidente, hasta Rusia al oriente y desde Noruega y Suecia al septentrión, hasta España y Grecia al mediodía.

A festa de San Xoán está relacionada con rituais, como o do salto do lume, o adorno das casas con certas flores para evitar a entrada dos "malos espíritos" e o uso da auga cun fin purificador (era costume utilizar a auga non mencer deste día para lavar o corpo ou partes del). Mesmo antigamente era unha data na que se adoitaban gastar bromas aos veciños coma esconderlles os carros ou deixalos nalgún lugar pouco accesible.
Alfredo Brañas dedicoulle un poema a esta festa na que podemos atopar resumidos todos estes rituais:
¿Quen pode esquencer a noite,
a noitiña de San Xoán,
co seu séquito de bruxas,
fogueiras, baños de mar,
auga de rosas, parrandas,
troulas, bailes e aínda máis?

Ningún comentario:

Publicar un comentario