mércores, 30 de marzo de 2016

RECIBINDO A PRIMAVERA CON MANUEL MARÍA


Os soños na gaiola de Manuel María, o poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, ofrécennos un poema para recibir a primavera da man das anduriñas:

Anduriñas 
Guiada da man dun soño
a Primavera chegou.
¡E todas as anduriñas
no ceo azul convocou!

Todo é voar e voar
e andar daquí pra alá.
¡Todo nun ir e nun vir
dende aquí deica acolá!

¡Voan pra riba, pra baixo!
¡Van ao alto, van ao fondo!
¡Voan en liña seguida,
en picado e en redondo!

Anduriñas en concello,
sobre dun poste pousadas.
¡Que de palabras secretas
e razós apaixoadas!

Manuel María: Os soños na gaiola


martes, 15 de marzo de 2016

ALUMNOS DE 4º DE INFANTIL EXPERIMENTAN CO VENTO

Os alumnos de 4º de infantil construiron os seus propios viraventos para experimentar coa forza e a dirección do vento:

ACTIVIDADES DOS ALUMNOS DE 4º DE INFANTIL PARA "METEOSANSA"

  • Observación directa do estado do ceo para dicirlle ao polo Pepe (mascota da clase) o tempo que vai.
  • Colocación dos fenómenos atmosféricos que observamos cada día no panel do tempo da clase.
  • Coñecimos os seguintes fenómenos atmosféricos:
    • Sol: * Aprendimos a súa forma, que sae de día e que nos da luz e calor.
*Poñemos raios (pinzas) a un sol.
* Xogamos coas nosas sombras.
    • Vento: * Adiviñamos a forza e dirección do vento usando muíños de vento.
*Coñecimos os muíños do vento do Quixote e os eólicos que vemos nas montañas da nosa contorna, cómo son e as súas funcións.
    • Chuvia: * Gravamos o son da chuvia no noso cole.
*Experimentamos coa auga: facemos burbullas e tintámola con témpera.
    • Nubes: Fixemos nubes con algodón.
    • Neve: Pintamos entre todos un boneco de neve.
    • Arco da vella: Experimento cun CD, una lanterna e una pantalla branca para conseguir un arco da vella.

  • Estudamos as estacións do ano e comprobamos a frecuencia destes fenómenos atmosféricos en cada unha delas.